Arquivo por etiquetas: Julio Llamazares

Os premios San Clemente chegan á vixésima edición

Matarte lentamente, de Diego Ameixeiras; A vitoria do perdedor, de Carlos Reigosa; e Costa do Solpor, de Xosé María Lema, son as tres obras finalistas en lingua galega da vixésima edición do premio Arzobispo Juan de San Clemente, convocado polo noso centro.

En lingua castelá os títulos seleccionados son Intemperie, de Jesús Carrasco; Las lágrimas de San Lorenzo, de Julio Llamazares; e Las reputaciones, de Juan Gabriel Vázquez.

En lingua estranxeira seleccionáronse as traduccións ao castelán de La verdad sobre el caso Harry Quebert, de Joël Dicker; Mar de mañana, de Margaret Mazzantini; e Capital, de Jonh Lanchester.

 Un xurado integrado por estudiantes do IES Rosalía de Castro de Santiago, e doutros catro institutos galegos (un por provincia), elixirá aos gañadores en cada modalidade. O fallo  darase a coñecer en xuño.

Deixar un comentario

Arquivado en Noticias