Arquivo por etiquetas: IES Rosalía de Castro

Mamá, quero ser Ziggy Stardust. Iria Misa

Neste libro, Aine, unha rapaza de 9 anos, conta a súa experiencia e os seus sentimentos sobre o seu cambio para ser transexual. Faino desde un punto de vista que nos leva a reflexionar e entender o difícil que é o camiño para chegar a ser o neno que ela se sente.

Tamén vemos a forma de reaccionar da familia e dos amigos, ás veces a xente máis achegada a ti pode ser a que máis tarda en entendelo. Pero a pesar destes problemas que se van acumulando polo camiño, Aine é quen quere ser e é aceptada e respectada polos demais.

Agora todos os lectores deste marabilloso libro aprendemos doutro xeito sobre a sociedade, coñecemos un pouco máis sobre a transexualidade e as persoas transexuais.

Club de Lectura 1º da  ESO. Carolina López (1ºA)

Biblioteca IES Rosalía de Castro

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Entrevista a Petros Márkaris

Con motivo de la publicación de Liquidación final, la segunda novela perteneciente a la Trilogía de la crisis, el autor explica cómo interpretar su obra. Pan educación y libertad, que completa el ciclo, ya está en las librerías.

Deixar un comentario

por | Decembro 31, 2013 · 08:27

Entrega dos Premios San Clemente o 27 de xaneiro de 2014

O próximo 27 de xaneiro entregaránse no noso instituto os Premios San Clemente deste ano. Os gañadores foron elixidos

foto de todos hasta 18por alumnos do IES San Paio de Tui; do IES As Mercedes, de Lugo; do IES da Pobra e do noso centro. Petros Márkaris, coa súa novela Liquidación final, na modalidade de literatura en lingua estranxeira; Arturo Pérez Reverte, en lingua castelá, con El tango de la guardia vieja;  e Pedro Feijoo en lingua galega, con Os fillos do mar, recollerán este ano o seu galardón.

Son xa moitas as edicións deste prestixioso premio, no que estiveron presentes grandes escritores nacionais e internacionais, que sempre agradeceron que foran alumnos de Secundaria os que os elixiran.

Noraboa aos novos gañadores!

Deixar un comentario

Arquivado en Noticias