Dende a Biblioteca do Instituto “Rosalía de Castro” de Santiago de Compostela queremos felicitar e celebrar con todas as bibliotecas este magnífico día no que se lle da a visibilidade e a importancia que merece a laboura das bibliotecas e os seus bibliotecarios
Hoxe 24 de outubro celebrase, como cada ano, o Día da Biblioteca. Una iniciativa da Asociación Española de Amigos del Libro infantil y Juvenil que tuvo a súa orixe no ano 1997. Dende entón, Amigos del Libro esfórzase en dar a coñecer e recoñecer o traballo das bibliotecas, os seus servizos, os seus recursos profesionais e agradecer e recoñecer aos bibliotecarios e ás bibliotecarias.
Despois dunhas merecidas vacacións, comenza de novo o curso no “Rosalía”
Dende biblioteca queremos dar a benvida aos novos alumnos e alumnas que se incorporan, e tamén ao resto que xa nos coñecen.
Neste post damos unha pincelada para os alumnos do primero curso sobre o funcionamiento da biblioteca, e esperámosvos a todos nos seminarios informativos en que explicaremos con máis detalle os recursos e servizos que ofertamos.
O horario é de 10:40 h a 20:30h ininterrumpidamente de luns a venres salvo que haxa clases na sala de lectura.
Aínda que a biblioteca non estea físicamente en activo, desde a biblioteca virtual poderase acceder a todos os recursos electrónicos dispoñibles e ao catálogo.
Desde biblioteca darémosvos soporte para a realización de traballos , na elaboración de bibliografías, como citar, na procura de información en bases de datos, e informarémosvos de todas aquelas novidades que vos poidan interesar.
Podedes visitarnos e interactuar coa biblioteca neste o noso blog para coñecer as novidades.
O equipo da biblioteca deséxavos un feliz curso e anímavos a utilizar os servizos e recursos dispoñibles.
O pasado martes 11 de xuño celebrouse unha homenaxe ao escritor X. Docampo, falecido o ano pasado, na Biblioteca Ánxel Casal.
Dita homenaxe consisitía na lectura das súas obras, pola mañá era a quenda dos centros de ensino, e aló fomos as lectoras e lectores de 1º ESO.
Lemos o primeiro conto da súa coñecida obra Cando petan na porta pola noite, Premio Nacional de Literatura 1994. Gustounos moito esta historia de medo, aínda que sempre impón un pouquiño ler en público.
Facemos nosas as palabras da organización: mentres se len as obras dun escritor este segue vivo, porque ler é a mellor homenaxe a un escritor, e a lectura é sempre un acto de resistencia e de identidade.
Judit González Prol CLUB DE LECTURA 3º ESO – BANDA DESEÑADA
23 de mayo del 2019
A visita de Anxo Fariña
Anxo Fariña
“Nací en Vigo en 1977, una población costera en cuya Ría descansan las Islas Cíes, apodadas “Islas de los Dioses”. Paradójicamente aprendí a caminar muy lejos de allí, a más de dos mil metros de altura en la cordillera de los Pirineos, pues siempre he pasado mucho tiempo en las montañas compartiendo un ideal familiar. Hiperactivo, soñador e inquieto, ilustré mi primer libro a los once años. Empecé a trabajar con catorce años, aún así, seguí estudiando para lograr mi sueño y poder llegar a la universidad y cursar Bellas Artes. En esos años fui trabajador vertical, montador de espectáculos, monitor de campamentos, profesor de patinaje, profesor de pintura, guía de montaña y ayudante en un centro de acogida de menores. Este último trabajo me cambiaría la vida para siempre, pues allí aprendería que mis historias podían hacer felices a los demás, incluso a aquellos niños con carencias tan importantes. Antes de acabar la carrera, empecé a trabajar para una agencia de publicidad y poco tiempo después publique mi primer álbum como escritor e ilustrador.
Cincuenta y dos libros escritos después, he viajado por medio mundo, he escalado grandes paredes, subido a montañas, trabajado en teorías educativas sobre creatividad, ganado algunos premios, llevado a cabo proyectos con miles de escolares y dado muchas, muchas charlas y conferencias.
Me inspira todo lo que me rodea y estar siempre en movimiento. Me gusta escribir mientras tomo un buen café, correr, el diseño, aprender, leer, los relojes, la montaña, y dibujar con música de Frank Sinatra.”
Desta forma é como o noso convidado no club de lectura deste ano descríbese na súa páxina web persoal, pero nos descubrimos a súa faceta máis artística e imaxinativa o pasado xoves na súa visita ao IES Rosalía de Castro.
Esta visita foi un dos cursos e conferencias que o debuxante, escritor e ilustrador imparte a xóvenes, coma nos nos colexios e institutos, ou a aficionados da combinación entre a ilustración e as historias.
Durante esta entretida tarde coa súa compañía, Anxo ensinounos moitos dos seus trucos para debuxar e que tamén emprega el nos seus traballos de ilustración, polo que nos contou un pouco sobre as súas novelas e obras recentes, como eran os “Megatoxos”. Ensinounos ademais unha gran cantidade de ilustracións nas que nos foi explicando o proceso de creación e de imaxinación que ten cada un deles, e por suposto o método de incorporalo as nosas propias historias. Pero que sería unha historia sen as súas personaxes, polo que comezamos a imaxinar e pensar sobre pequenos accesorios que poderiamos engadir a unha personaxe calquera, que neste caso eran dous dos nosos compañeiros aos que iamos a converter en personaxes imaxinarias. Durante esta chuvia de ideas saíron moitos accesorios bastante peculiares e divertidos, así que despois dunha selección deles, Anxo decidiu debuxar unha versión dos nosos compañeiros, que facían de modelos, pero engadíndolles estes cambios. No primeiro intento, saíu unha personaxe moi peculiar, tratábase dunha especie de moza unicornio con cola de demo, e no segundo intento, desta vez con outro dos nosos compañeiros, saíu un mozo con alas e lume no seu corpo. A verdade é que quedamos todos asombrados coa facilidade que tiña o noso convidado á hora de crear personaxes tan imaxinarias e combinalas cunha estética moi perfeccionista.
Tras esta gran demostración Anxo mandounos debuxar e crear ás nosas propias personaxes, nas que tamén teríamos que implementar estes accesorios, ademais dos requisitos propostos que eran: basearnos nun animal ou obxecto, que esta personaxe teña a habilidade de ser veloz, voar ou que tamén sea unha personaxe relacionada co lume, o vento ou a auga. Tras un pequeno tempo de creación cada un de nos creara unha personaxe completamente diferente, pero todas seguindo uns mesmos trucos e pasos que Anxo nos ensinara, o que realmente demostra que a imaxinación de todos e completamente diferente, aínda que o proceso pensemos que é o mesmo.
Chegados a este punto xa era hora de marchar e despedimos entre aplausos ao noso convidado, que regalounos uns exemplares da súa última novela, “4 xinetes” e a colección dos Megatoxos ao completo, que quedarán na biblioteca do instituto para o disfrute de calquera que sinta un pouco de curiosidade polo mundo da narrativa e a ilustración.
O mércores 20 de marzo tivemos o pracer de participar nun debate co autor
Marcos Calveiro sobre a súa obra O xardineiro dos ingleses, gañadora do
Premio San Clemente na modalidade Lingua Galega na súa última edición.
O alumnado lector que se encargou do debate pertencía a diferentes cursos
de 1º de Bacharelato, ademais tamén nos acompañaron outras lectoras e lectores
de varios centros de Santiago. Entre o público asistente alumnado de 1º Bac,
tamén doutros institutos, profesorado…
A moderadora foi a nosa compañeira Olalla, de 1ºB, que dirixiu moi ben o
debate. Este estruturouse atendendo a
diferentes grupos temáticos, como: ‘Vida e traxectoria do autor’,
‘Proceso de creación’, ‘Personaxes’, ‘Espazo e tempo’, ‘Argumento’…
Marcos Calveiro reflexionou sobre o seu labor de escritor e sobre a súa xa
longa traxectoria e sorprendeunos a rotundidade coa que repetiu que está era a
obra da súa vida e seguramente tamén a máis autobiográfica: desde o seu trasunto
literario, o escritor Modesto Filgueira, o personaxe de Cristina, alguén con
quen Marcos compartiu estudos na infancia e adolescencia en Vilagarcía e mesmo un
avó fascista, que coma o seu tamén tiña unha pistola e loitara na guerra civil.
O escritor comentou o seu medo a como ía ser tomado na súa familia este xeito
de contar unha realidade que, sen dúbida, é difícil de asumir.
En canto ao proceso de creación, Marcos Calveiro confesounos que a súa
intención era contar a vida de Edelmiro, xardineiro no cemiterio dos ingleses,
de quen lera unha noticia cando morreu na que se informaba do seu labor
altruísta e continuo durante anos de encargado do cemiterio, pero cando deu co
personaxe da nai pareceulle que tiña tanta forza que a converteu en
protagonista.
Tamén se lle preguntou a Calveiro polos personaxes reais que aparecen na
novela: Sorolla, Castelao, Lorca e Plácido Castro e informounos de como fora
documentándose e descubrindo os seus vencellos con Vilagarcía.
Foi un coloquio moi dinámico e que, case a totalidade do público, puido
aproveitar e seguir porque a novela foi lida pola maioría do alumnado de 1º de
Bacharelato.
Irene Fernández Rañón e Carmen López López. 1ºA BAC
En O xardineiro dos ingleses atopamos un feixe de historias na forma de novela coral. A través dos ollos dunha moza arousá, do seu fillo, ou dun escritor incapaz de rematar o seu traballo, este libro fainos percorrer algúns dos principais eventos da Europa do século XX, dende as guerras mundiais á propia guerra española e mesmo as guerras internas dos personaxes.
Os personaxes son profundose evolucionan co tempo, como o fai a vila ao seu redor. Delia, moza que de nova soñaba esperta con fuxir da súa condena -ter nacido pobre- perde as súas esperanzas e a súa xuventude agardando que se cumpran as promesas de regreso do mariño inglés e pai do seu fillo, mentres que, sen que ela o saiba, James Williams Blake descansa eternamente, canda moitos dos seus compañeiros, no estreito dos Dardanelos. Edelmiro, o fillo de ambos é un exemplo de superación. El é o elo que artella a todos os demais, o desencadeante da novela.
Tamén nos poñemos, máis brevemente, na pel dun garda civil sublevado ou na dunha muller valente que na década dos trinta se lanza ao sindicalismo na procura dos seus dereitos, ou na do mesmísimo Joaquín Sorolla, que xunto a Federico García Lorca son os máis destacados cameos da novela. Por último, o escritor, Modesto Filgueira, quizais un álter ego de Marcos Calveiro, se cadra o intento deste de verter algunhas das inquedanzas que o invaden como escritor.
Marcos Calveiro fainos reflexionar sobre moitos temas neste libro: a guerra, a crueldade humana, a morte, os roles sociais, o paso do tempo ou ata que punto os seres humanos somos vítimas das nosas circunstancias, que nos negan e nos impiden empregar os nosos méritos para avanzar na vida.
E para
rematar quería incluír unha cita da novela:“[Edelmiro]
Pensa que quen queima
libros é un miserable, un covarde analfabeto que os teme e, se o fai, é
porque pensa que son unha poderosa arma, conclúe, quizabes
unha das máis poderosas,
un dos camiños para acadar esa dignidade da que falaba Xeneroso”.
En resumo, O xardineiro dos ingleses é unha obra brillante, que mantén ao lector enganchado cos seus moitos xiros, misterios e preguntas, unha tensión crecente que non se libera ata as derradeiras páxinas.
O pasado luns 25 de marzo aos alumnos do Club de Lectura convidáronnos a visitar a Libraría Couceiro polo seu 50 aniversario.
Ao chegar alí recibiunos a escritora galega Rosa Aneiros. Tíñannos preparada un sitio ao carón de todos os libros do século XIX, pero ela decidiu levarnos á sala onde estaban os libros de carácter infantil e xuvenil. Rosa Aneiros prefería estar alí para explicarnos mellor o difícil que era escribir un libro para unha nena ou un neno. Moito máis difícil que para un adulto. Cando se escribe para nenos hai que contar a historia con poucas palabras e hai que escollelas moi ben. Falounos tamén sobre a vida de escritora e resolveunos dúbidas como, por exemplo, como inventaba os finais dos libros. Puidemos darlle a nosa opinión sobre os libros que adoitamos ler. Á parte de termos a oportunidade de falar con ela, puidemos aprender que para escribir non temos que facerlle moito caso a opinións alleas, porque cada persoa ten o seu gusto.
María Lama Fernández e Xoana Lema Barcia
Na sección de xuvenil e infantil da Libraria Couceiro, con Rosa Aneiros
O día 25 de marzo os alumnos do Club de Lectura de 1ºde ESO fomos á Libraría Couceiro (Praza de Cervantes) porque esta libraría, creada por Xesús Couceiro, cumpría 50 anos e celebrouno con diferentes actos e encontros.
Cando chegamos agardaban
por nós o libreiro Pablo Couceiro e a escritora Rosa Aneiros, xornalista, que se dedica a escribir novelas
infantís, xuvenís e para adultos.
Rosa falounos do
seu xénero literario, a narrativa: a súa primeira novela foi Eu de maior quero ser, publicada no ano
1999 cando ela tiña 23 anos. Resistencia
e Ás debolboreta, Ámote Leo A., son
outras das súas novelas máis lidas.
Contounos que ela
non ten datas para entregar os seus libros senón que escribe cando ten ganas;
non ten un libro favorito pois cada ano vai descubrindo novos libros, pero
díxonos que todos os anos le O Principiño
porque cada ano interpreta a historia dunha forma diferente. Tamén nos comentou
que ela sempre que empeza a escribir sabe como vai comezar e rematar a súa
historia, que hai que ler e corrixir o que se escribe ata que che pareza que
está ben escrito e despois gardar a historia, que repouse.
Tamén nos contou
que normalmente ela non escolle a o ilustrador do seu libro se non que o fai a
editorial, pero os ilustradores tamén participan na historia porque mediante os
debuxos ves cousas que non aparecen relatadas por escrito.
Por último
recomendounos que escribiramos e que non tiveramos medo de frustrarnos ou
quedarnos en branco cando escribimos ou cando se presenta unha historia a unha
editorial e non lle gusta porque hai moitas e diferentes editoriais.
Unha charla moi
ben aproveitada, e Rosa atendeu toda as nosas preguntas. Moitas grazas!
«Ao rendir homenaxe a aquelas e aqueles para quenes a palabra libre, fonte de imaxinación e de actuación, é o único instrumento, a UNESCO recoñece o valor da poesía como símbolo da creatividade da mente humana. Ao dar forma e palabras ao que ainda non ten nen unha causa nin a otra (a beleza inexplicable que nos rodea, os enormes sufrimentos e a miseria do mundo), a poesía contribúe á expansión da Nosa humanidade común, e axuda a facela máis forte, máis solidaria e máis consciente de ela mesma.»
Mensaxe da Sra. Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO,con motivo do Día Mundial de la Poesía.
“Cada ano , o 21 de marzo, a UNESCO celebra o Día Mundial da Poesía e invítanos reflexionar sobre o poder da linguaxe poética e o florecemento das capacidades creadoras de cada persoa . Dacordo coa decisión da UNESCO, o principal obxectivo desta acción é apoiar a diversidade lingüística ao través da expresión poética e dar a oportunidade ás línguas ameazadas de ser un vehículo de comunicación artística nas súas comunidades respectivas.
Por outra banda, este Día ten como propósito promover o ensino da poesía; fomentar a tradición oral dos recitales de poéticos; apoiar ás pequenas editoriais ; crear unha imaxe atractiva da poesía nos medios de comunicación para que non se considere unha forma anticuada de arte, senón unha vía de expresión que permite ás comunidades transmitir os seus valores e expresións máis internas e reafirmarse na súa identidade; e restablecer o diálogo entre a poesía e as demáis manifestacións artísticas, como o teatro, a danza, a música e a pintura.”
Poesia Visual (Chema Madoz)
“Qué é a poesía?… Poesía es tí… (Gustavo Adolfo Bécquer)