Arquivo da categoría: Uncategorized

No día do LIBRO… Consellos para ler un pouco máis…

Gustaríanos ter máis tiempo para ler eses libros que temos pendentes… Libros que  quedan no andel porque somos incapaces de sacar uns minutos ao día para eles. Non hai que pasar por alto que a lectura é unha das materias pendentes que vimos arrastrando dende fai tiempo.  E por iso polo que chegou o momento de priorizar e dar á lectura a importancia que merece.

tumblr_lon9hyqc3x1qfqudho1_500

Ler é un xeito de entretemento e coñecimento que convive e compite con outras formas de ocio e información, sobre todo dixitais. Existe unha boa mostra de beneficios que sitúan á lectura por riba de calquera outra actividade. Entre eles cabe destacar o aumento da empatía, da curiosidade, da aprendizaxe, da memoria, da comprensión, do pensamento crítico, das habilidades verbais, do vocabulario… Sen dúbida algunha, estes beneficios son un bo exemplo do que a lectura pode chegar a aportar (e por moi pouco).

images

Sabemos que para algunhas persoas non é doado facer un oco para ler no seu día a día, pero non é imposible. É unha cuestión de prioridades, e sen dúbida que a lectura debe ser prioritaria na nosa vida. É polo que escribimos esta lista, para tratar de crear o hábito de lectura eno día a día. Esperamos vos que sirvan e que sexan útiles:

2019-06-24-9985QIG8668

Vai á biblioteca e faite socio dela (se aínda non o eres) para conseguir ler libros gratis.

O préstamo de libros é o servicio estrella das bibliotecas. En elas poderás disfrutar de xeito gratuito do préstamo de infinidade de libros en papel e electrónicos. Ademáis, poderás coñecer cales son as últimas novidades, ler os grandes clásicos da literatura e incluso participar en clubes de lectura.

Nadie-pone-en-duda-el-poder-de-la-lectura

Reserva, polo menos, 20 minutos ao día para ler.

O día a día  consúmenos e deixanos sen tiempo para momentos de ocio, coma pode ser a lectura deos libros. Por iso éimportante una boa organización e reservar un pequeno espacio de tempo para ler. Quizáis 20 minutos sexan máis que suficientes para empezar, ainda que seguro que pronto daraste conta que non che chega. Podes ler despois de comer, antes de cear ou xusto cando vas ara a cama. É importante comprometerse a cumplilo para poder crear o hábito da lectura.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Reduce as horas de ver a TV ou estar co mobil.

¿Cantas veces estamos vendo a televisión sen  prestarlle atención? ¿Oucantas horas estamos mergullados na pantalla do noso mobil? Tanto unha como outro poden ser considerados como «ladróns de tempo». Quizáis xestionando ben estas accións, que en moitas ocasións non aportan nada, e poidamos roubar un tiempo valioso para a lectura dos nosos libros. Cuando poñas a ler apaga a TV e silencia as notificacións do mobil. Isto fará que non teñas distraccións e te concentres máis na lectura.

images (1)

Le os libros que te enganchen e pasa dos que non che estéan gustando nada.

Existen infinidade de libros e para todos os gustos. Un libro que encandile a unha persona no significa que teña o mesmo efecto sobre outra. Hai libros que podemos clasificar como imprescindibles, recomendables, entretidos, aborrecidos, sen rematar… e un sen fín de adjectivos máis segundo a nosa experiencia con eles. Por iso  aconsellamoste que leas aqueles libros que realmente che apasionen e enganchen dende o principio (podes darlles a oportunidade ás primeras 50 páxinas) e deixes de lado aqueles libros que non foron quen de transmitirche nada.

reto-de-lectura-libros-1024x731

Comparte os libros que vas a ler nas túas redes sociais.

Unha boa parte do noso tempo de ocio é empregada para estar nas redes sociales (Facebook, Instagram, Twitter…). Por iso podemos utilizalas para compartir as nosas próximas lecturas cos nosos contactos. Isto  axudaranos, por unha parte, a compartir os nosos gustos lectores e, por outra banda, a xenerar conversacións e interaccións ao redor de algo que nos gusta, como son os libros e a lectura.

Crear-buen-hábito-de-lectura

Date de alta en comunidades online especializadas en libros para comentar e valorar o que che pareceron os libros lídos.

Se non che atrae a idea de compartir os libros que vas ler polas túas redes sociais porque as utilizas con outros fins, existen redes sociais e comunidades online especializadas en libros. Podes darte de alta alí e experimentar compartindo as túas valoracións e opinións sobre os libros que liches con outras persons. Isto axudarache a crear unha comunidade de persons afins aos teus gustos literarios nos que recomendar e deixarse recomendar para próximas lecturas. Sen dúbida, é un bo aliciente para ler máis.

lecturas-first-710x515

Fala e intercambia libros con familiares e amigos.

Ler é contaxioso, e que mellor que propagar esta acción entre as personas achegadas. Non dubides en falar dos libros que estás lendo con familiares e amigos, e participa no intercambio de libros con eles. Suxíreles novas lecturas en función das túas impresiones e deixate aconsellar por eles. Quizáis sexa un bo momento para descubrir novos libros.

Norma-UNE-Lectura-Fácil

Deixa que te recomenden.

Elixir cal será a túa próxima lectura non é doado, máis se é o libro que remataches dixou o listón bastante alto. Para isto podes deixarte recomendar por profesionais do sector do libro como son os bibliotecarios e os libreiros. Tamén podes ter en conta as recomendacións que fan as editoriales, os críticos literarios, os blogs sobre libros e lecturas e incluso os booktubers.

Captura-de-pantalla-2019-05-21-a-las-13.12.37-1

Ten sempre a man un libro para aproveitar os ratos libres fora da casa.

A oportunidade de ler pódese presentar en cualquera lugar e momento. Por iso, é imprescindible que vaias siempre acompañado dun libro para aproveitar os ratos libres que poidas tener. Por exemplo, podes ler no transporte público, na cola do supermercado, na sá de espera do médico… Un libro sempre é un bo compañeiro de viaxe que non nos abandoa, a non ser que nos esquezamos del na casa.

leer_int

Sobre o Día do Libro…

O día 23 abril foi elixido como «Día Internacional do Libro», pois supostamente coincide co pasamento de Miguel de CervantesWilliam Shakespeare e o Inca Garcilaso De la Vega na mesma data. 

Ainda que a xustificación inicial para escoller esta data foi a morte de Cervantes, en realidade éste finou o 22 e foi soterrado o 23, que é cando se rexistra o seu pasamento; pola súa Banda, Shakespeare morreu o 23 de abril do calendario xuliano , que corresponde ao 3 de maio do calendario gregoriano.

A Unión Internacional de Editores propuxo esta data á UNESCO, co obxectivo de fomentar a cultura e a protección da propiedade intelectualpor medio do dereito de autor. A Conferencia Xeral da UNESCOaprobouna en Paríso 15 de novembrode 1995, polo que a partir de dita data o 23 de abril é o «Día Internacional do Libro e do Dereito de Autor».

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Club de lectura coeducativo

Unha das actividades que comezou neste curso 2019-2020 foi o Club de lectura coeducativo, destinado ao alumnado de Primeiro de Bacharelato.

A primeira xuntanza, realizada no primeiro trimestre, xirou en torno a dous ensaios:Todos deberíamos ser feministas e Cómo educar en el feminismo, ambos os dous de Chimamnda Nagozi, unha escritora nixeriana. 

Comentalos deu pé a un debate sobre os roles de xénero existentes hoxe en día. Tratáronse temas como o ínfima que é a presenza das mulleres en altos cargos de responsabilidade laboral ou pola contra os poucos homes que se dedican a realizar as tarefas do fogar, os estereotipos, etc.

Pasado o Nadal, o club volveuse reunir para comentar parte das obras da maleta violeta. Trátase dunha actividade que leva a cabo a Secretaría de Igualdade da Xunta e que consiste no préstamo de máis de trinta títulos que teñen como tema a igualdade, a coeducación, a diversidade afectivo-sexual etc. O Club solicitou esta maleta violeta para este primeiro trimestre e puidemos utilizala ata a volta das vacacións de Nadal.

O conxunto de volumes estaba constituído por obras de xéneros e estilos diversos porque incluía ademais de narrativa (que é o xénero que máis lemos),  obras de teatro, ensaio, poesía e banda deseñada. 

Todos eles tratan de impulsar o feminismo, exaltar a figura da muller ou reflectir situacións de maltrato e discriminación que viven a diario moitas delas.

Títulos como: As horas roubadas de María Solar, A Piragua de Candido Pazó, O diario vermello de Carlota de Gemma Liendas, Penúltimas tendencias de Carlos Negro, George, simplemente sé tu mismo de Alex Gino, 22 segundos de Eva Mejuto ou Fun Home de Alison Behdel, foron os protagonistas dunha reunión chea de entretidas e fascinantes historias, na que cadaquén ía comentando a súa obra e indicando se a recomendaría ou non e porqué. 

Foi unha xuntanza moi produtiva porque nos serviu para coñecer moitas obras e tamén para facer crítica e falar de temas moi interesantes.. 

Anímovos a que leades calquera destes libros, asegúrovos que non vos arrepentiredes.

Candela Álvarez  Espiño, 1ºF

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Que fixo Rosalía de Castro?

Con motivodo seu aniversario a Bibliotecas Escolar do IES “Rosalía de Castro” non podíoa ser menos que facer unha humilde homenaxe. Pero, que fixo Rosalía para merecelo?

Ainda que foi unha asidua cultivadora da prosa, onde Rosalía sobresalíu foi no campo da poesía, ao través da creación das que poden ser consideradas as súas tres obras clave: Cantares gallegos , obra que narra a historia do pobo galego, e Follas novas (1880), o seu último poemario cheo de filosofía persoal. Ademáis de En las orillas del Sar (1884) en castelán.

Rosalía de Castro (1837-1885) é unha figura indispensable na literatura do século XIX. Os estudos sobre literatura femenina de épocas pasadas a inclúen entre as grandes escritoras dese século.

Está considerada unha das mellores escritoras españolas en língua galega e unha das principales responsables do Rexurdimento galego decimonónico

Parabéns no teu aniversario ROSALÍA!!!!

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Coñece a túa Biblioteca

PowerPoint xpara a formación de usuarios, pola profesora de Lingua Castelá Ana Díaz .

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

25 de novembro

Dende o blog da Biblioteca do IES “Rosalía De Castro” os Acróbatas das letras unímonos á celebración do día internacional en contra da Violencia de Xénero sacando ao corredor a Nosa colección de fondos para educación en Igualdade. Ademais de colaborar na exposición do corredor superior con un panel interactivo no que todas as persoas podemos pinchar a nosa frase pola Igualdade e encontra da violencia machista. Onde tamén hai ademáis dos cartaces e pancartas un conxunto de “fármacos” para curar esa lacra que subyuga á nosa sociedade. Tamén damos visibilidade na Biblio aos traballos para o concurso de pegatinas conmemorativas.

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

XOves de XOgos

Celebrando o Día das Bibliotecas e inaugurado os Recreos Alternativos co que dimos por chamar XOves de XOgos, que transforman por uns poucos minutos a Nosa Biblioteca nunha Ludoteca, para aquelas e aqueles que no recreo prefiren facer algo diferente ou aprender algo novo…

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

¡Feliz día das Bibliotecas a todas as Bibliotecas!

¡¡FELIZ DÍA

DAS

BIBLIOTECAS!!

Dende a Biblioteca do Instituto “Rosalía de Castro” de Santiago de Compostela queremos felicitar e celebrar con todas as bibliotecas este magnífico día no que se lle da a visibilidade e a importancia que merece a laboura das bibliotecas e os seus bibliotecarios

Hoxe 24 de outubro celebrase, como cada ano, o Día da Biblioteca. Una iniciativa da Asociación Española de Amigos del Libro infantil y Juvenil que tuvo a  súa orixe no ano 1997. Dende entón, Amigos del Libro esfórzase en dar a coñecer e recoñecer o traballo das bibliotecas, os seus servizos, os seus recursos profesionais e agradecer e recoñecer aos bibliotecarios e ás bibliotecarias. 

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Un novo curso!

Despois dunhas merecidas vacacións, comenza de novo o curso no “Rosalía”

Dende biblioteca queremos dar a benvida aos novos alumnos e alumnas que se incorporan, e tamén ao resto que xa nos coñecen.

Neste post damos unha pincelada para os alumnos do primero curso sobre o funcionamiento da biblioteca, e esperámosvos a todos nos seminarios informativos en que explicaremos con máis detalle os recursos e servizos que ofertamos.

  • O horario é de 10:40 h a 20:30h ininterrumpidamente de luns a venres salvo que haxa clases na sala de lectura.
  • Aínda que a biblioteca non estea físicamente en activo, desde a biblioteca virtual poderase acceder a todos os recursos electrónicos dispoñibles e ao catálogo.
  • Desde biblioteca darémosvos soporte para a realización de traballos , na elaboración de bibliografías, como citar, na procura de información en bases de datos, e informarémosvos de todas aquelas novidades que vos poidan interesar.
  • Podedes visitarnos e interactuar coa biblioteca neste o noso blog para coñecer as novidades.

O equipo da biblioteca deséxavos un feliz curso e anímavos a utilizar os servizos e recursos dispoñibles.

BENVIDOS!!!!

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Homenaxe a Xabier Docampo

O pasado martes 11 de xuño celebrouse unha homenaxe ao escritor X. Docampo, falecido o ano pasado, na Biblioteca Ánxel Casal.

Dita homenaxe consisitía na lectura das súas obras, pola mañá era a quenda dos centros de ensino, e aló fomos as lectoras e lectores de 1º ESO.

Lemos o primeiro conto da súa coñecida obra Cando petan na porta pola noite, Premio Nacional de Literatura 1994. Gustounos moito esta historia de medo, aínda que sempre impón un pouquiño ler en público.

Facemos nosas as palabras da organización: mentres se len as obras dun escritor este segue vivo, porque ler é a mellor homenaxe a un escritor, e a lectura é sempre un acto de resistencia e de identidade.

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Judit González Prol
CLUB DE LECTURA 3º ESO – BANDA DESEÑADA

23 de mayo del 2019

A visita de Anxo Fariña

Anxo Fariña

“Nací en Vigo en 1977, una población costera en cuya Ría descansan las Islas Cíes, apodadas “Islas de los Dioses”. Paradójicamente aprendí a caminar muy lejos de allí, a más de dos mil metros de altura en la cordillera de los Pirineos, pues siempre he pasado mucho tiempo en las montañas compartiendo un ideal familiar. Hiperactivo, soñador e inquieto, ilustré mi primer libro a los once años. Empecé a trabajar con catorce años, aún así, seguí estudiando para lograr mi sueño y poder llegar a la universidad y cursar Bellas Artes. En esos años fui trabajador vertical, montador de espectáculos, monitor de campamentos, profesor de patinaje, profesor de pintura, guía de montaña y ayudante en un centro de acogida de menores. Este último trabajo me cambiaría la vida para siempre, pues allí aprendería que mis historias podían hacer felices a los demás, incluso a aquellos niños con carencias tan importantes. Antes de acabar la carrera, empecé a trabajar para una agencia de publicidad y poco tiempo después publique mi primer álbum como escritor e ilustrador.

Cincuenta y dos libros escritos después, he viajado por medio mundo, he escalado grandes paredes, subido a montañas, trabajado en teorías educativas sobre creatividad, ganado algunos premios, llevado a cabo proyectos con miles de escolares y dado muchas, muchas charlas y conferencias.

Me inspira todo lo que me rodea y estar siempre en movimiento. Me gusta escribir mientras tomo un buen café, correr, el diseño, aprender, leer, los relojes, la montaña, y dibujar con música de Frank Sinatra.”

Páxina web de Anxo Fariña (http://www.anxofarina.com)

Desta forma é como o noso convidado no club de lectura deste ano descríbese na súa páxina web persoal, pero nos descubrimos a súa faceta máis artística e imaxinativa o pasado xoves na súa visita ao IES Rosalía de Castro.

Esta visita foi un dos cursos e conferencias que o debuxante, escritor e  ilustrador imparte a xóvenes, coma nos nos colexios e institutos, ou a aficionados da combinación entre a ilustración e as historias.

Durante esta entretida tarde coa súa compañía, Anxo ensinounos moitos dos seus trucos para debuxar e que tamén emprega el nos seus traballos de ilustración, polo que nos contou un pouco sobre as súas novelas e obras recentes, como eran os “Megatoxos”.  Ensinounos ademais unha gran cantidade de ilustracións nas que nos foi explicando o proceso de creación e de imaxinación que ten cada un deles, e por suposto o método de incorporalo as nosas propias historias. Pero que sería unha historia sen as súas personaxes, polo que comezamos a imaxinar e pensar sobre pequenos accesorios que poderiamos engadir a unha personaxe calquera, que neste caso eran dous dos nosos compañeiros aos que iamos a converter en personaxes imaxinarias. Durante esta chuvia de ideas saíron moitos accesorios bastante peculiares e divertidos, así que despois dunha selección deles, Anxo decidiu debuxar unha versión dos nosos compañeiros, que facían de modelos, pero engadíndolles estes cambios. No primeiro intento, saíu unha personaxe moi peculiar, tratábase dunha especie de moza unicornio con cola de demo, e no segundo intento, desta vez con outro dos nosos compañeiros, saíu un mozo con alas e lume no seu corpo. A verdade é que quedamos todos asombrados coa facilidade que tiña o noso convidado á hora de crear personaxes tan imaxinarias e combinalas cunha estética moi perfeccionista.

Tras esta gran demostración Anxo mandounos debuxar e crear ás nosas propias personaxes, nas que tamén teríamos que implementar estes accesorios, ademais dos requisitos propostos que eran: basearnos nun animal ou obxecto, que esta personaxe teña a habilidade de ser veloz, voar ou que tamén sea unha personaxe relacionada co lume, o vento ou a auga. Tras un pequeno tempo de creación cada un de nos creara unha personaxe completamente diferente, pero todas seguindo uns mesmos trucos e pasos que Anxo nos ensinara, o que realmente demostra que a imaxinación de todos e completamente diferente, aínda que o proceso pensemos que é o mesmo.

Chegados a este punto xa era hora de marchar e despedimos entre aplausos ao noso convidado, que regalounos uns exemplares da súa última novela, “4 xinetes” e a colección dos Megatoxos ao completo, que quedarán na biblioteca do instituto para o disfrute de calquera que sinta un pouco de curiosidade polo mundo da narrativa e a ilustración.

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized