Arquivo da categoría: Actividades

Conmemoración do Día da Ciencia en Galego

2016_11_4_29968s740xO Día da Ciencia en Galego na súa sétima edición recoñece a don Cruz Gallástegui Unamuno, como introdutor en Galicia da xenética vexetal. Dirixiu a Misión Biolóxica de Galicia, que tivo a súa sé na Facultade de Veterinaria de Santiago (hoxe a edificio está ocupado polo Parlamento Galego).

Ao acto conmemorativo que tivo lugar o venres 4 de novembro no Parlamento de Galicia asistiron o Director, os Xefes de Departamento de Bioloxía e Física e Quimica do noso centro, acompañados dun grupo de alumnos de 1º de Bacharelato Internacional.

Ver a noticia en galiciaconfidencial.com

¿Quén era don Cruz Gallástegui?

Deixar un comentario

Arquivado en Actividades, Noticias

Club de lectura de 3º de ESO.

3º de ESO: Especial banda deseñada

Está coordinado polos profesores Juanjo Raíces, de Eduacación Plástica e visual., e Concha Gilino de Lingua castelá. Este ano teñen previsto traballar coas seguintes obras:
1º Trimestre

Xosé Tomás, Nómades.
David Rubín, La tetería del oso malayo.
Hergé, Tintin. El asunto Tornasol.

images8
2º trimestre

Hergé, Tintin. Las siete bolas de cristal
Dyane Wayne, El castillo ambulante
Miguelanxo Prado, A mansión dos Pampín

3º trimestre

Miguelanxo Prado, Ardalén.
Miguelanxo Prado, Trazos de tiza
Keije Nakazawa, Pies descalzos
Estas lecturas irán acompañadas do encontros con autores, xa que está previsto que haxa dúas conferencias-taller: unha de M. Prado e oura de X. Tomás.
Ademais haberá unha sesión de cinema coa proxección de El castillo ambulante, así como visitas a exposicións sobre a linguaxe do cómic.

pampin

A mansión dos Pampín

Deixar un comentario

Arquivado en Actividades

Club de lectura de Bachillerato

Ya os podéis anotar para participar en el Club de lectura de 1º de Bachillerato. Las obras que os proponemos para este trimestre son las que han obtenido el Premio San Clemente. Como tendremos la oportunidad de ver y hablar con sus autores en el acto de entrega de premios, ahora es el momento de conocer su obra. Os recuerdo que los títulos premiados fueron:

 

feijooimpostortoibin

Podéis preparar vuestras reseñas desde ahora.

 

Deixar un comentario

Arquivado en Actividades

Club de lectura de 1º de ESO

Alumnos del Club de lectura de 1º de ESO, trabajando con la profesora Isabel Alonso

 

Holmes fotocopia 2

611 leyendo3 (2)4 (2)18 (2)1314 libro

Deixar un comentario

Arquivado en Actividades

ZAPATILLAS ROTAS, Xabier Quiroga

No derradeiro trimestre deste curso ofrecéusenos aos alumnos de 2º de Bacharelato a posibilidade de ler obras actuais da literatura galega –concretamente desta década que andamos. Entre as propostas Zapatillas rotas chamoume vivamente atención non tanto polo título como por esa  breve sinopse que brindaba a contraportada.Quiroga

“Trata, ao cabo e sen ocultar o sarcasmo, dos valores desta sociedade en crise irreversible”. O resumo augura o ton crítico e mordaz que acompañará toda a trama da novela e que por veces provocará o sorriso. Un sorriso de carácter cínico ante esa sorte de hedonismo fervoroso que semella impregnar cada acción que emprendemos. Un sorriso na cara dun lector que sabe que a obra é unha descrición axustada da sociedade actual e por ende, del mesmo. Non obstante, algúns personaxes logran escapar a esta vida consumista e centrarse niso esencial que case sempre pasa desapercibido: “un vello e un parado, figuras paradigmáticas deste inicio de século”. Estes son os individuos que máis simpatía inspiran tanto ao narrador coma ao lector, os máis queridos, precisamente porque pode que sexan aqueles nos que todos quereríamos converternos.Zapatillas

A novela preséntase coma un entrecruzamento de historias. A trama está composta por breves escenas que suceden no presente (a excepción dalgunhas analepses) e corresponden a diversos personaxes. As escenas comezan a narrarse sen previa presentación dos que interveñen nela ou onde se atopan. Ë o lector o que, a través de escasas referencias, ten que “orientarse” nesa precipitación de acontecementos. Este esforzo mental permite gozar máis da obra. O lector está obrigado a permanecer sempre alerta, a moverse ao longo de centos de quilómetros polo panorama galego e a pórse na pel de diferentes personaxes constantemente. A lectura evita así a monotonía e posibilita un accelerando, unha cascada de escenas que culmina nun clímax vibrante.

Doutra banda, non pode deixar de salientarse o tema da vellez, forza motriz da trama, e, formando parte do seu núcleo, o ton manifestamente triste, case tráxico. Atopámonos ante unha visión íntima, case abatida e pode que mesmo rendida do futuro de  todos nós. Un futuro que leva incluído na súa propia esencia o pesar. A terceira idade é concibida pola sociedade actual coma un estorbo. Nun mundo onde todo sucede cunha rapidez alarmante (e cunha falta de control non menos perturbadora), non queda lugar para os vellos. Vense abocados ao ostracismo. Son un produto dunha era xa pasada. Unha época morta e da que algúns non comprenden porque non se atopa xa enterrada. Non entenden a súa utilidade e, nunha comunidade onde as persoas son simples medios, algo inservible, tírase ao lixo.

E, non obstante, a novela tamén debe se entendida coma un canto á vida. Tal vez a mellor metáfora sexa a de brotes de felicidade nun mar de tristura. Pequenos retallos de esperanza na escuridade da idade máis difícil da nosa vida e dunha sociedade en manifesta  crise de valores. Pero esta historia pode que non sexa senón o punto de partida cara a algo novo; e é precisamente iso, esa promesa dun mañá mellor, o que máis apreciei do libro.

Sergio Rey Blanco, 2º BI

Esta obra foi Premio da Crítica 2014. Outras obras do autor.

Deixar un comentario

Arquivado en Actividades, Premios, Recensión

Polo roteiro da banda deseñada

Un grupo de alumnos de 3º de ESO, acompañados polos profesores Concha Gilino e Juanjo Raíces, visitaron Bruselas, como parte do traballo que ao longo do curso levan facendo no eido da banda deseñada.

 

Deixar un comentario

Arquivado en Actividades

23 de abril. Día del libro

Para conmemorar el Día del libro, el 23 de abril se organizaron varias actividades en el centro.

Exposición en los pasillos de la planta baja

español 001español 002

 

Entrega de los premios del Concurso literario organizado por el Departamento de Lengua castellana y literatura

    • IMG_5091español 004

      Representación, por parte de los alumnos del grupo de teatro de Bachillerato del instituto de la obra Ermassss, dirigidos por el profesor Xosé Arca.

  • IMG_5095

  • Exposición organizada por el Departamento de Plástica en el primer piso

    • IMG_5023

a

a_003

Deixar un comentario

Arquivado en Actividades, Exposicións, Premios

Visita de Julian Barnes para recoger el Premio San Clemente

BarnesEsta semana el escritor británico Julian Barnes visitará nuestro centro. Premiado en su día junto a la gallega Anxos Sumai y Luis Landero por los jóvenes lectores de los institutos gallegos, Barnes no pudo estar presente en la entrega de premios por motivos personales y decidió aplazar la visita para poder recoger el galardón personalmente. Con tal motivo habrá un acto académico en su honor y se recordará, entre otras, la obra que fue premiada, Arthur y George.

Podéis leer la entrevista que el autor concedió recientemente al diario El País.

http://elpais.com/elpais/2014/11/07/eps/1415390787_188683.html

Deixar un comentario

Arquivado en Actividades

Distribución dos libros entre os alumnos dos distintos grupos

IMG_3905

Os alumnos de 3º de ESo recollendo os libros de banda deseñada

Os alumnos de Bacharelato lerán este ano o libro elixido como gañador no Premio Bento Spinoza ( La ética de la crueldad, de José Ovejero). Sobre el todos os grupos traballaron antes da visita do escritor para reflexionar sobre o seu contido. Ao mesmo tempo, leronse fragmentos doutras obras literarias por el comentadas: Tiempo de silencio, de Luis Martín Santos; La carretera, de Cormac Mac Carthy; El astillero, de Juan Carlos Onetti,…

Tamén está proposta a lectura do Premio de Novela Euopea, de Rachel Joyce, El insólito peregrinaje de Harold Fry, trala charla da autora cun grupo de alumnos do Bacharelato Internacional.

Ao mesmo tempo, estase a traballar coas obras gañadoras do Premio San Clemente, que será entregado neste curso e que son as seguintes:

IMG_3935

Conmemoración do Día da Biblioteca. Juanjo Raíces

Las reputaciones, de Juan Gabriel Vásquez; La verdad sobre el caso HarryQuebert, de Jöel Dicker y Carlos. Reigosa, A vitoria do perdedor.

 

Deixar un comentario

Arquivado en Actividades

Novembro, mes da ciencia en galego nas bibliotecas escolares

ImprimirENTUSIASMO E PROXIMIDADE SON A CLAVE DA DIVULGACIÓN CIENTÍFICA. Ángel Carracedo.

Desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vaise impulsar a celebración anual do mes de novembro como MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. Iníciase esta actuación coa elección dunha imaxe e a difusión dun texto, a modo de MANIFESTO,  do científico Ángel Carracedo, profesor de Medicina Legal, Ética Médica e Bioloxía Molecular da Universidade de Santiago de Compostela. Conocido investigador e divulgador científico, Ángel Carracedo ten colaborado coas bibliotecas, tanto públicas como escolares, na difusión dos valores científicos e do acceso ao coñecemento.

“A min non me parece que os galegos valoren pouco a ciencia e os seus científicos. Ao contrario, penso que estamos entre as profesións mellor consideradas. Temos a gran sorte de que a xente da nosa terra valora o traballo e a dedicación aos demais por riba de todo. Tampouco creo que ningún científico teña entre os seus obxectivos facerse rico. O seu tesouro é o coñecemento e a súa ilusión buscar o porqué das cousas. A súa gran ledicia prodúcese cando fan un descubrimento que lles dá respostas ás preguntas que se fixeron e que ninguén fora quen de albiscar.”
Se queres ler o manifesto completo, pincha no seguinte enlace:  Manifiesto_mesdacienciagalegob14
Tamén se recopilan diversos materiais para traballar con este motivo: http://www.edu.xunta.es/biblioteca/ciencia/index.ph

Deixar un comentario

Arquivado en Actividades