Arquivo por autores: Juanjo Raíces

Día mundial da poesía (ONU)

«Ao rendir homenaxe a aquelas e aqueles para quenes a palabra libre, fonte de imaxinación e de actuación, é o único instrumento, a UNESCO recoñece o valor da poesía como símbolo da creatividade da mente humana. Ao dar forma e palabras ao que ainda non ten nen unha causa nin a otra (a beleza inexplicable que nos rodea, os enormes sufrimentos e a miseria do mundo), a poesía contribúe á expansión da Nosa humanidade común, e axuda a facela máis forte, máis solidaria e máis consciente de ela mesma.»

Mensaxe da Sra. Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO,con motivo do Día Mundial de la Poesía.

“Cada ano , o 21 de marzo, a UNESCO celebra o Día Mundial da Poesía e invítanos reflexionar sobre o poder da linguaxe poética e o florecemento das capacidades creadoras de cada persoa . Dacordo coa decisión da UNESCO, o principal obxectivo desta acción é apoiar a diversidade lingüística ao través da expresión poética e dar a oportunidade ás línguas ameazadas de ser un vehículo de comunicación artística nas súas comunidades respectivas.

Por outra banda, este Día ten como propósito promover o ensino da poesía; fomentar a tradición oral dos recitales de poéticos; apoiar ás pequenas editoriais ; crear unha imaxe atractiva da poesía nos medios de comunicación para que non se considere unha forma anticuada de arte, senón unha vía de expresión que permite ás comunidades transmitir os seus valores e expresións máis internas e reafirmarse na súa identidade; e restablecer o diálogo entre a poesía e as demáis manifestacións artísticas, como o teatro, a danza, a música e a pintura.”       

Poesia Visual (Chema Madoz)

“Qué é a poesía?… Poesía es tí… (Gustavo Adolfo Bécquer)

1 comentario

Arquivado en Uncategorized

As Mulleres na Nosa Biblioteca

Novas adquisicións para coñecer algunas das mulleres que fixeron historia

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Aniversario de Rosalía

Biografía de Rosalía de Castro (1837-1885), poeta. A filla natural de Teresa de Castro, pertencente a unha nobre familia galega, e dun sacerdote, nunca superou completamente a crise desatada cando aprendeu, aos quince anos, a súa orixe ilexítima. O seu primeiro libro de versos, La flor (1857), non será máis que o comezo dunha obra na que o amor miserable e a denuncia social serán temas recorrentes. A súa importante produción poética enmárcase no máis claro romanticismo. Ademais, colaborou decisivamente no renacemento da lingua galega. (Emitido na serie documental “Mujeres en la historia” en TVE o 13 de abril de 2013).

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

FEDERICO RIBAS (Día da Ilustración 30/01/2019)

No Día da Ilustración 2019 homenaxeamos o ilustrador vigués Federico Ribas, pioneiro galego da publicidade famoso polas súas imaxes para a perfumeira Gal ou a conserveira Massó. Con este breve vídeo facemos un repaso á súa vida e á súa obra.

Unha produción de AGPI e a Dirección Xeral de Políticas Culturais da Xunta de Galicia

Guión: Alberto Guitián

Música: Roberto Casteleiro

Animación e vídeo: Isabel Vila

O Día da Ilustración homenaxea cada ano un grande ilustrador galego que merece ser redescuberto polas novas xeracións de lectores e creadores. O Día da Ilustración 2019 está dedicado a Federico Ribas Montenegro (Vigo, 1890 – Madrid, 1952).

Ilustrador e pioneiro galego da publicidade, aos 18 anos deixou Vigo seguindo a súa vocación de artista. Tras uns inicios difíciles en Bos Aires, onde consegue colaborar en publicacións como Caras y Caretas,marcha a París. Alí respira a modernidade europea e madura o seu estilo, de aires art déco. Publica en Le Rire e en Mundial, a revista dirixida por Rubén Darío.

Ao comezar a primeira Guerra Mundial volve a España. En Madrid o seu estilo «galante» causa sensación. Editoriais e marcas dispútanse a súa firma. Contrátao como director artístico a perfumaría Gal(Heno de Pravia), e dirixe tamén a axencia Veritas, fundada pola empresa. Segundo Luís Seoane, nos anos vinte era o ilustrador máis cotizado de Madrid. Desenvolve o seu labor como debuxante de portadas en diversas editoriais. Participa no xornal Abc e en revistas como Blanco y Negro, La Esfera, Nuevo MundoBuen Humor ou Crónica. Preside a Unión de Dibujantes Españoles, precedente do asociacionismo profesional.

Ilustracións de Ribas para a revista Blanco y Negro (1927) e para un anuncio para Gal (1917)

En Galicia ten unha casa en Beluso (Bueu), pola que pasan persoeiros como Maruja Mallo, Ksado ou Gaspar Massó, para cuxa conserveira tamén fai multitude de traballos publicitarios. En Galicia publica nos xornais Faro de Vigo e El Pueblo Gallego e na revista Vida Gallega.

Por mor da guerra civil, cruza o charco por segunda vez e, de novo na Arxentina, ilustra numerosos libros e revistas, e coincide con figuras como Castelao ou Seoane. Retorna a España en 1949, traballando ata o seu derradeiro día.

Tiña un talento especial para debuxar as mulleres e popularizou o modelo de muller moderna independente, vital e sempre divina. Foi un publicista prolífico e brillante e modernizou a imaxe do sector conserveiro galego. Foi un xenio do debuxo como arma de sedución que soubo trazar a beleza dunha época irrepetible.

Bibliografía básica:

  • Francisco Fernández del Riego: «Federico Ribas», en Antón Pulido Novoa (dir): O Rexionalismo, vol. II, Vigo: Nova Galicia Edicións, 1999.
  • Clodio González Pérez: «Mestres galegos: Ribas», Sapoconcho (Fene), 11 (xuño de 1997).
  • Federico Ribas. Exposición antológica (catálogo da exposición), Vigo: CaixaVigo, 1991.
  • «Ribas Montenegro, Federico», en Gran Enciclopedia Gallega, Vigo: Silverio Cañada, 1981.
  • «Ribas», en Galicia with Humor (catálogo da exposición), Fene: Museo do Humor, 1995.
  • María Luisa Sobrino Manzanares, O cartelismo en Galicia: desde as súas orixes ata 1936, Sada: Ediciós do Castro, 1993.

Exposición «Federico Ribas: As liñas da beleza»

Biblioteca de Galicia acolle a exposición «Federico Ribas: As liñas da beleza».
A mostra recolle documentos, libros, imaxes e obras de Federico Ribas que forman parte da colección da Biblioteca e Arquivo de Galicia.

Sala de Exposicións da Biblioteca de Galicia
(Monte Gaiás)

Do 25 de xaneiro ao 7 de marzo
Horario: de 8:00 a 21:00, entrada libre e gratuíta
Inauguración: 25 de xaneiro ás 19:00

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized