De aventura, de amor, histórica ou novela negra….todas estas historias e moitas outras celebramos este domingo o Día do Libro. Unha data marcada en vermello no calendario de calquer amante da lectura.
O 23 de abril non é una data elexida ao chou, todo o contrario. Este día escolléuse despois de probar outras datas e con un argumento de peso: esta data conmemora o pasamento de Miguel de Cervantes, William Shakespeare e máis de Garcilaso de la Vega.

Os más puristas critican que Cervantes morreu o 22 e non o 23, pero parece que o enterro si que foi tal día de 1616.
O Día do Libro celébrase en esta data dende 1995 que é cando o fixou a UNESCO. Pero pese a que se celebra en todo o mundo non siempre foi nesta data. O recoñecemento ás letras remóntase ao 1926 cando o escritor valenciano, Vicente Clavel propuxo a data do 7 de outubro coincidindo coa data na que se cre que naceu o autor do Quixote.
Coa intención de expandir o Día do Libro cada ano selecciónase unha Capital Mundial do Libro, fomentando a lectura ao través de numerosos programas culturais. Madrid foi elixida a primera capital literaria e este ano 2023 será en Guadalaxara (México).
Pero en España el 23 de abril hai unha dobre celebración e é que en Cataluña ese mesmo día celébrase o Sant Jordi, (San Xurxo) patrón da comunidade. La tradición marca que en este día os homes regalan una rosa ás mullerese elas lles dan un libro. Todo conmemorando a lenda que di que San Xurxo salvou a vida dunha princesa que iba a ser atacada por un dragón e do seu sangue brotou un rosal.

Os actos de esta celebración non só se limitan ao día 23 senón que se desenvolven durante toda a semán. Dende lecturas totais ou de fragmentos da obra de Cervantes a concursos literarios. Os mercadiños de libros de segunda mán e novos convírtense no decorado das rúas e prazas.
Este ano o equipo de voluntarios da biblioteca escolar propón unha actividade alternativa: “Os detalles literarios”

Non hai que mercar senón pedir en empréstito na biblioteca un libro pensado para outra persona, esa persoa recomendache o libro e envíacho e logo, o alumnado de artes envolveráno bonito e cunha rosa de papel enviaranno a persoa indicada… Non vos parece un detalle literario?
Ademáis, no recreo de mañán luns, o departamento de lingua castelá xunto coa biblioteca organizaa a lectura dos microrrelatos e entregarán os premios aos mellor clasificados.