Día Mundial da Poesía

O Día Mundial da Poesía, celebrado cada ano o 21 de marzo, conmemora unha das formas máis preciadas da expresión da identidade e a lingüística da humanidade.

A poesía, practicada ao longo da historia en tódalas culturas e en tódolos continentes, fala da nosa humanidade común e dos nosos valores compartidos, transformando o poema máis simple nun poderoso catalizador do diálogo e a paz.

A UNESCO adoptou por primeira vez o 21 de marzo como Día Mundial da Poesía durante a súa 30ª Conferencia Xeral en París en 1999, co obxectivo de apoiar a diversidade lingüística ao través da expresión poética e fomentar a visibilización daquelas línguas que están en perigo.

O Día Mundial da Poesía é una ocasión para honrar aos poetas, revivir tradicións orales de recitales de poesía, promover a lectura, a escritura e o ensino da poesía, fomentar a converxencia entre a poesía e outras artes como o teatro, a danza, a música e a pintura, ademáis de aumentar a visibilidade da poesía nos medios. A medida que a poesía continúa unindo persoas en tódolos continentes, todos estades invitados a unirse.

Chema Madoz. (Poesía visual)

“A orquestación das palabras, o colorido das imágenes e a contundencia dunha boa métrica otorgan á poesía un poder sen parangón. Como forma de expresión íntima que permite abrirse aos demáis, a poesía enriquece o diálogo que cataliza todo o progreso humano e é compre máis que nunca en tempos turbulentos.”

Audrey Azoulay
Directora general de la UNESCO

Advertisement

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s