Arquivos diarios: Marzo 17, 2023

Día do Cómic e do Tebeo, ou como lle chamamos nós a Banda Deseñada ou BD

O pasado 11 de xullo de 2022 o Consello de Ministros acordóu a proposta do ministro de Cultura e Deporte Miquel Iceta a declaración do 17 de marzo Día do Cómic e do Tebeo, medida para impulsar o sector, recoñecendo o papel dos seus profesionais na vida social e cultural.

Cumpríase así con unha das principais medidas reivindicadas polo sector do cómic para lograr maior visibilidade e recoñecemento, propuesta que estaba incluida na Proposición Non de Lei “sobre o recoñecemento e dignificación do sector do cómic en España” que aprobaron por unanimidade tódolos grupos parlamentarios o 19 de outubro de 2021.

Deste xeito hoxe, 17 de marzo, España vive a súa primeira gran festa do cómic e do tebeo, unha celebración coa que o Goberno de España pretende reconocer o valor da banda deseñada, o peso da súa historia e a súa importancia no contexto actual, a súa diversidade, creatividade e calidade.

Precisamente o peso da BD na nosa historia é o motivo da elección do día 17 de marzo, escollido en honor o inicio da publicación da mítica revista de historietas TBO, que dotou de nome ao propio fenómeno da lectura en viñetas en España e que se manten no nome desta celebración coma un guiño á creación española.

O Día do Cómic e do Tebeo conta coa colaboración da Sectorial do Cómic, entidad que agrupa unha parte destacada do sector, e que anima a tódolos axentes culturais a desenvolver unha axenda de actividades que trate de levar á BD a tódolos recunchos do país.

Hoxe 17 de marzo haberá a celebración de máis de 100 actividades na maioría de provincias españolas, nas que participarán espacios culturales, librerías e centros educativos entre outros. Todas estas actividades serán recollidas na web oficial diadelcomic.es, que podrá ser consultada próximamente. Os organizadores das actividades poden informar das mesmas mediante o correo electrónico actividades@diadelcomic.es.

O cartaz oficial, que foi creado por un dos históricos gañadores do Premio Nacional do Cómic, foi dado a coñocer o día 1 de marzo.

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized