Arquivos diarios: Febreiro 23, 2016

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria contempla, dentro do Calendario do Libro e da Lectura a data do 24 de febreiro como DÍA DE ROSALÍA, co gallo da conmemoración do nacemento da poeta.  Á programación de actividades da FUNDACIÓN ROSALÍA, súmase nesta ocasión a proposta da AELG (Asocación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega), cunha proposta ben fermosa: que agasallemos aos nosos seres queridos cun libro galego e unha flor, como unha forma festiva de lembrar a importancia da lingua (o 21 de febreiro celebrábase a instancias da UNESCO o Día Internacional da Lingua Materna), e homenaxear a esta escritora fundamental das nosas Letras. A AELG abriu un blogue no que ir recollendo achegas creativas e iniciativas en relación con esta conmemoración.

Aproveitaremos para ler unha escolma dos seus poemas.

CartelBaseAELGDia-de-RosaliaDeCastro2016_001.jpg

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized