Lin A memoria da choiva o Nadal pasado para o clube de lectura do instituto. Era o libro máis longo dos que había para escoller, pero unha das profesoras da biblioteca díxome que era moi entretido e seguín o seu consello.
Cando o empecei non tiña ningún tipo de idea preconcebida porque non leo nunca as sinopses das contraportadas dos libros. Normalmente a causa disto estou perdida nos primeros capítulos, pero no caso de esta obra, foi moi fácil situarme dende o principio.
Empeza cunha mensaxe ou pensamento desgarrador do asasino, que de no o voltar ler despois de rematado pasaría completamente desapercibido.
Inmediatamente despois, Pedro Feijoo comeza a acción e fai ao protagonista desplazarse ó escenario do primeiro dunha serie de crímenes que teñen como única pista de investigación a relación literal que comparten cos poemas de Rosalía de Castro. Para atopar ao asasino, Aquiles Vega, pide axuda a Sofía Deneb, una experta rosaliana, para resolver o caso, salvando así a súa reputación sendo coñecido por unha metedura de pata en Twitter cando ía borracho.
Esta parella móvese polas rúas de Compostela e Padrón seguindo e buscando pistas de Adriano, que é como se fai chamar o sanguinario asasino que ten como obxectivo vingar o destino que lle foi arrebatado a el e á sua nais Ariel, tataraneta de Rosalía, e á mesma poeta, á que sinte todavía máis ó seu carón, por culpa do que dirán os veciños dos pobos polos que foi nacendo esa descendencia que quedou soterrada.
Para min, o personaxe máis destacable é Sofía, que vai cambiando de actitude durante toda a historia, empezando por unha posición distante e de superioridade, seguindo por temerosa ó ter recibido un correo electrónico do asasino. Por ese motivo comeza unha dependencia co seu novo amigo Aquiles para resolver o misterio e deixar de sentir que pode ser a siguiente vítima. Esta proximidade causa un oco no duro carácter que ten e fai que se deixe levar polos seus sentimientos intentando estar con el dunha forma máis íntima. Sempre foi fiel ós seus principios e ó seu amor pola poeta, incluso cando se ve diante de Adriano, o conserxe da fundación de Padrón, quen a abandona en Catoira para que Aquiles a salve e non poda perseguilo a el e absterse de pagar polas mortes que causou.
Ten un final lixeiramente aberto que deixa pensar en que pasaría despois, cando Adriano y ela están na mesma cidade catalana.
Gustoume bastante e aínda que era un pouco lento nalgunas partes, foi moi entretido.
É unha grande homenaxe a este símbolo gallego, contado a súa historia dunha forma moi pouco convencional.
Cristina Fernández Sande
1º Bach C
A MEMORIA DA CHOIVA
Non é a primeira vez que Pedro Feijoo adica un dos seus libros ao recoñecemento dalgún autor galego. Fíxoo anteriormente, en 1977, coa publicación de ‘Cousas de Galicia’ por Castelao, en forma de ensaio.
Nesta ocasión temos como agasallo a figura de Rosalía de Castro, quen lle da sentido a unha apaixoante historia. Nela os seus versos sirven de fío condutor para dar co culpable dunha terrible cadea de asesinatos cheos de brutalidade, sangue, violencia… pero sobre todo de letras.
Os personaxes principais, unha filóloga e un periodista, corren por Padrón, Coruña, etc, en busca de información que lles axude a poñer fin a esa multitude de mortes. Mentres, entre eles comeza a forxarse algo máis ca unha simple amizade.
Non obstante, o escenario principal son as rúas de Compostela, descritas dun modo exacto e fotográfico dotan á obra de verosimilitude.
Novela recomendable, que vai máis alá do entretemento do lector, se non que esperta nel unha curiosidade e admiración cara a propia figura da autora galega.
Ana Carreira Casais 1ºC