O 2 de febreiro entregáronse os XXI Premios San Clemente, a nosa particular festa de Literatura. Como todos os anos, tivemos a sorte de ter entre nós aos escritores que este ano recibiron o recoñecemento polas súas novelas: El testamento de María, El impostor, A memora da choiva.
Foron varias as actividades que compartimos con eles. Aparte das sesións oficiais, quizáis o máis enriquecedor para nós foi o trato directo cos autores. Por iniciativa dos organizadores do acto este ano houbo uns encontros directos de escritores e alumnos. Por unha bamda, os do Club de lectura de 1º de Bacharelato reuníronse con Colm Tóibín no Salón de Claustros e poideron facerlle ao autor preguntas sobre a súa obra e o proceso de escritura. Foi un momento inesquecible, porque o novelista se mostrou en todo momento moi próximo.
Simultaneamente, os de 3º de ESO tiveron a reunión con Pedro Feijoo, ao que lle trasladaron as súas preguntas sobre o texto.
A reunión don Javier Cercas e os alumnos de 4º de ESO tivo que trasladarse ao día 3 pola mañá, por un imprevisto, e foi longa e proveitosa.
O acto de entrega fíxose o día 2 as 19.30, no noso auditorio. Nel os homenaxeados recibiron os seus premios de mans dos alumnos dos distintos institutos participantes, tanto galegos coma do estranxeiro (que este ano participaban por primeira vez). Todo rematou cunha multitudinaria cea no Hostal dos Reis Católicos.
Temos que agradecer a todos os escritores a súa colaboración. Mil grazas á súa proximidade e amabilidade. Pero tamén temos que recoñecer publicamente o esforzo aos organizadores -o director Ubaldo Rueda, Maribel Martín, Margarita Prado, Rosa López, Paco López Piñeiro, …- que ano tras ano veñen facendo posible que os premios sigan adiante. Eles adican moitas horas de traballo (que non sei se llas agradecemos como merecen) para que se cumplan os soños. Mil grazas tamén para todos eles!