Arquivos diarios: Febreiro 8, 2016

Entrega dos XXI Premios San Clemente

 

sanclemente 16O 2 de febreiro entregáronse os XXI Premios San Clemente, a nosa particular festa de Literatura. Como todos os anos, tivemos a sorte de ter entre nós aos escritores que este ano recibiron o recoñecemento polas súas novelas: El testamento de María, El impostor, A memora da choiva.

Foron varias as actividades que compartimos con eles. Aparte das sesións oficiais, quizáis o máis enriquecedor para nós foi o trato directo cos autores. Por iniciativa dos organizadores do acto este ano houbo uns encontros directos de escritores e alumnos. Por unha bamda, os do Club de lectura de 1º de Bacharelato reuníronse con Colm Tóibín no Salón de Claustros e poideron facerlle ao autor preguntas sobre a súa obra e o proceso de escritura. Foi un momento inesquecible, porque o novelista se mostrou en todo momento moi próximo.

Simultaneamente, os de 3º de ESO tiveron a reunión con Pedro Feijoo, ao que lle trasladaron as súas preguntas sobre o texto.

A reunión don Javier Cercas e os alumnos de 4º de ESO tivo que trasladarse ao día 3 pola mañá, por un imprevisto, e foi longa e proveitosa.

O acto de entrega fíxose o día 2 as 19.30, no noso auditorio. Nel os homenaxeados recibiron os seus premios de mans dos alumnos dos distintos institutos participantes, tanto galegos coma do estranxeiro (que este ano participaban por primeira vez). Todo rematou cunha multitudinaria cea no Hostal dos Reis Católicos.

Temos que agradecer a todos os escritores a súa colaboración. Mil grazas á súa proximidade e amabilidade. Pero tamén temos que recoñecer publicamente o esforzo aos organizadores -o director Ubaldo Rueda, Maribel Martín, Margarita Prado, Rosa López, Paco López Piñeiro, …- que ano tras ano veñen facendo posible que os premios sigan adiante. Eles adican moitas horas de traballo (que non sei se llas agradecemos como merecen) para que se cumplan os soños. Mil grazas tamén para todos eles!

IMG_7371

Deixar un comentario

Arquivado en Noticias

Recensións de “A memoria da choiva”

pedroLin A memoria da choiva o Nadal pasado para o clube de lectura do instituto. Era o libro máis longo dos que había para escoller, pero unha das profesoras da biblioteca díxome  que era moi entretido e seguín o seu consello.

Cando o empecei non tiña ningún tipo de idea preconcebida porque non leo nunca as sinopses das contraportadas dos libros. Normalmente a causa disto estou perdida nos primeros capítulos, pero no caso de esta obra, foi moi fácil situarme dende o principio.

Empeza cunha mensaxe ou pensamento desgarrador do asasino, que de no o voltar ler despois de rematado pasaría completamente desapercibido.

Inmediatamente despois, Pedro Feijoo comeza a acción e fai ao protagonista desplazarse ó escenario do primeiro dunha serie de crímenes que teñen como única pista de investigación a relación literal que comparten cos poemas de Rosalía de Castro. Para atopar ao asasino, Aquiles Vega, pide axuda a Sofía Deneb, una experta rosaliana, para resolver o caso, salvando así a súa reputación sendo coñecido por unha metedura de pata en Twitter cando ía borracho.

Esta parella móvese polas rúas de Compostela e Padrón seguindo e buscando pistas de Adriano, que é como se fai chamar o sanguinario asasino que ten como obxectivo vingar o destino que lle foi arrebatado a el e á sua nais Ariel, tataraneta de Rosalía, e á mesma poeta, á que sinte todavía máis ó seu carón,  por culpa do que dirán os veciños dos pobos polos que foi nacendo esa descendencia que quedou soterrada.

Para min, o personaxe máis destacable é Sofía, que vai cambiando de actitude durante toda a historia, empezando por unha posición distante e de superioridade, seguindo por temerosa  ó ter recibido un correo electrónico do asasino. Por ese motivo comeza unha dependencia co seu novo amigo Aquiles para resolver o misterio e deixar de sentir que pode ser a siguiente vítima. Esta proximidade causa un oco no duro carácter que ten e fai que se deixe levar polos seus sentimientos intentando estar con el dunha forma máis íntima. Sempre foi fiel ós seus principios e ó seu amor pola poeta, incluso cando se ve diante de Adriano, o conserxe da fundación de Padrón, quen a abandona en Catoira para que Aquiles a salve e non poda perseguilo a el e absterse de pagar polas mortes que causou.

Ten un final lixeiramente aberto que deixa pensar en que pasaría despois, cando Adriano y ela están na mesma cidade catalana.

Gustoume bastante e aínda que era un pouco lento nalgunas partes, foi moi entretido.
É unha grande homenaxe a este símbolo gallego, contado a súa historia dunha forma moi pouco convencional.

Cristina Fernández Sande
1º Bach C

A MEMORIA DA CHOIVA

 

Non é a primeira vez que Pedro Feijoo adica un dos seus libros ao recoñecemento dalgún autor galego. Fíxoo anteriormente, en 1977, coa publicación de ‘Cousas de Galicia’ por Castelao, en forma de ensaio.

Nesta ocasión temos como agasallo a figura de Rosalía de Castro, quen lle da sentido a unha apaixoante historia. Nela os seus versos sirven de fío condutor para dar co culpable dunha terrible cadea de asesinatos cheos de brutalidade, sangue, violencia… pero sobre todo de letras. 

Os personaxes principais, unha filóloga e un periodista, corren por Padrón, Coruña, etc, en busca de información que lles axude a poñer fin a esa multitude de mortes. Mentres, entre eles comeza a forxarse algo máis ca unha simple amizade. 

Non obstante, o escenario principal son as rúas de Compostela, descritas dun modo exacto e fotográfico dotan á obra de verosimilitude.

Novela recomendable, que vai máis alá do entretemento do lector, se non que esperta nel unha curiosidade e admiración cara a propia figura da autora galega.

 Ana Carreira Casais 1ºC

Deixar un comentario

Arquivado en Recensión