Arquivos diarios: Decembro 8, 2015

Empréstito de libros

galicia lemmgal

Todos os alumnos que teñades un carné de biblioteca pública podedes acceder á páxina Galicia le, a plataforma para ler libro electrónico da Rede de Bibliotecas de Galicia. Hai que rexistrarse nela  e xa é posible ler en liña ou ben obtelos prestados durante un tempo. Hai moitas novidades ás que tedes acceso.

Tamén podedes consultar desde o ordenador da vosa casa os fondos da biblioteca do IES Rosalía de Castro entrando no seguinte enderezo electrónico: Biblioteca IES Plurilingüe Rosalía de Castro

Despois de consultar se está rexistrado o libro que precisades, non tedes máis que pasar pola biblioteca a retiralo.

Deixar un comentario

Arquivado en Noticias