Arquivos mensuais: Novembro 2015

Adeus a Xosé Neira Vilas

Eu son Balbino, un rapaz de aldea, coma quen di un ninguén. E ademais, pobre».

Memorias dun neno labrego é  a obra máis vendida e traducida da literatura galega.

neira O 27 de novembro deixounos Xosé Neira Vilas (Gres, Vila de Cruces, Pontevedra, 2 de novembro de 1928), un”xornaleiro das letras”, segundo el se definía. Foi membro numerario da Real Academia Galega, Doutor Honoris Causa polas universidades da Coruña e da Habana, e Fillo Predilecto do Concello de Vila de Cruces. Entre outros galardóns recibiu a Medalla Castelao, o Pedrón de Honra, o Premio Trasalba. Premio da Crítica Española (novela en galego) e Premio da Crítica Galega (ensaio). Foi un dos escritores clásicos da literatura galega.

Todos nós temos algo de Balbino.

Neira Vilas non morreu. Pode que o que lle aconteceu ao seu corpo nos faga crer iso, pero a vida zumégalle polas arestas das páxinas dos libros, vive aínda en Balbino e no Moncho, nas páxinas que deixaron editadas el e mais Anisia, e na casa de Gres, un castelo que garda na memoria a cultura galega da segunda metade do século XX. Vive, sobre todo, en cada unha das lectoras e lectores que nos achegamos á literatura en galego da man dese Balbino que por algo vendeu seiscentos mil exemplares nunha Galicia que non le, non compra libros e non valora a súa lingua propia.

Necesitamos a Neira Vilas coas súas historias e a memoria do que foi e o que fixo por nós. A ese escritor que deu coa certeza de que había que dignificar a todos os Balbinos que construíron a nosa Galicia de hoxe non podemos deixalo ir. Ensinounos a lección de que a literatura galega precisa esas liñas que saben conectar coa xente e co futuro. E só por iso Neira Vilas quedará connosco, inmortal.”

Inma López Silva

Dun neno que medrou co teu pensamento

ramonda“Xosé Neira Vilas, ou Pepe de Gres para os coñecidos, non destacou por ser un gran ensaísta cunha ampla obra sobre a emigración galega a América do século XX, debido aos anos que viviu lonxe do seu fogar, nin destacou por ser o autor dun amplo número de obras narrativas: el merécese un lugar no Panteón dos Galegos Ilustres e no noso cerebro por un pequeno libro de case cen páxinas, cunha historia moi simple, pero que desde o primeiro momento reflicte a Galiza, cunha frase que se pode equiparar ao “ser ou non ser” de Hamlet. “Eu son… BALBINO. Un rapaz da aldeia. Coma quen dis, un ninguén. E ademáis, probe” é un fiel retrato do noso pasado, pero tamén do noso presente e, aínda que mudemos algúns pequenos aspectos, segue a ser a mesma esencia que definiu tantos anos ao noso pobo. Os pensamentos e inquedanzas que van medrando dentro do Balbino son as mesmas que ten calquer rapaz hoxe en día. Mais grazas a Neira Vilas e a outras persoas, como por exemplo Xosé Chao Rego, que foi profesor do IES Rosalía, e que morreu tamén nesa mesma semana de novembro de 2015, os novos galegos e galegas podemos crecer cunhas ideas que son o froito de moitos anos de adicación e esforzo.”

Ramón Daniel Regueiro Espiño (1º BI)

Deixar un comentario

Arquivado en Noticias

Club de lectura de 3º de ESO.

3º de ESO: Especial banda deseñada

Está coordinado polos profesores Juanjo Raíces, de Eduacación Plástica e visual., e Concha Gilino de Lingua castelá. Este ano teñen previsto traballar coas seguintes obras:
1º Trimestre

Xosé Tomás, Nómades.
David Rubín, La tetería del oso malayo.
Hergé, Tintin. El asunto Tornasol.

images8
2º trimestre

Hergé, Tintin. Las siete bolas de cristal
Dyane Wayne, El castillo ambulante
Miguelanxo Prado, A mansión dos Pampín

3º trimestre

Miguelanxo Prado, Ardalén.
Miguelanxo Prado, Trazos de tiza
Keije Nakazawa, Pies descalzos
Estas lecturas irán acompañadas do encontros con autores, xa que está previsto que haxa dúas conferencias-taller: unha de M. Prado e oura de X. Tomás.
Ademais haberá unha sesión de cinema coa proxección de El castillo ambulante, así como visitas a exposicións sobre a linguaxe do cómic.

pampin

A mansión dos Pampín

Deixar un comentario

Arquivado en Actividades