Arquivos diarios: Xuño 7, 2015

VIII Xornada dos Clubs de lectura

imageO 5 de xuño celebrouse en Santiago a VIII Xornada de Clubs de Lectura de centros escolares. Comezou coa entrega do Premio dos  Clubs de Lectura 2015 ao autor máis lido no curso precedente. Este año o  elixido foi Agustín Fernández Paz.

Logo tiveron lugar as exposicións das distintas experiencias dos centros, ao que seguiu a charla a cargo do xornalista César Lorenzo Gil, co título Os libros e a mediación da lectura en Galicia. Rematou coa intervención de Miguel Anxo Fernández  sobre Novela negra e cine.

Deixar un comentario

Arquivado en Noticias, Uncategorized