DÍA MUNDIAL DA POESÍA

 

O Día Mundial da Poesía celébrase o 21 de marzo, foi proclamado pola Unesco en 1999. O propósito deste día é promover a lectura, a escrita, a publicación e o ensino da poesía en todo o mundo. Celébrase con numerosos eventos e

lecturas múltiples.DSC_0001

No IES Rosalía de Castro un grupo de alumnos e alumnas de 1º e 2º de Bacharelato animáronse a facer unha selección de poemas e agasallar con eles aos membros da comunidade educativa: alumnado, persoal non docente e profesorado.

Os textos seleccionados foron escolmados da obra de Rosalía –alumnado de 1º- e de poetas actuais –alumnado de 2º. Entre eles: María do Cebreiro, Carlos Negro, María Lado, Manuel Rivas, Oriana Méndez, Gonzalo Hermo…. Velaí un par deles:

 A vida tamén é un convite a acariñar o aire

nun descenso sideral

desde as ameas do castelo de Narahío 


Canta, paxariño alegre,

canta!
Canta porque o millo medre.

Canta!
Canta porque a luz de te escoite.

Canta!
Canta que fuxeu a noite.

 En opinión das e dos participantes foi interesante levar a cabo a escolma e preparar o agasallo (un roliño de papel ou cartón co poema manuscrito e atado cunha fita) pero sobre todo resultoulles atractiva a posta en práctica, o feito de entregaren o poema e a interacción coa persoa que o recibía, ver as caras de sorpresa, de alegría, de agradecemento…. e nalgúns casos as lecturas e comentarios sobre o texto. Toda unha experiencia que haberá que repetir.

DSC_0006

A poesía é o gran milagre do mundo!

Luís Pimentel

A poesía é unha fogueira, queimémonos nela.

Celso Emilio Ferreiro

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s