Arquivos diarios: Novembro 9, 2014

Novembro, mes da ciencia en galego nas bibliotecas escolares

ImprimirENTUSIASMO E PROXIMIDADE SON A CLAVE DA DIVULGACIÓN CIENTÍFICA. Ángel Carracedo.

Desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vaise impulsar a celebración anual do mes de novembro como MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. Iníciase esta actuación coa elección dunha imaxe e a difusión dun texto, a modo de MANIFESTO,  do científico Ángel Carracedo, profesor de Medicina Legal, Ética Médica e Bioloxía Molecular da Universidade de Santiago de Compostela. Conocido investigador e divulgador científico, Ángel Carracedo ten colaborado coas bibliotecas, tanto públicas como escolares, na difusión dos valores científicos e do acceso ao coñecemento.

“A min non me parece que os galegos valoren pouco a ciencia e os seus científicos. Ao contrario, penso que estamos entre as profesións mellor consideradas. Temos a gran sorte de que a xente da nosa terra valora o traballo e a dedicación aos demais por riba de todo. Tampouco creo que ningún científico teña entre os seus obxectivos facerse rico. O seu tesouro é o coñecemento e a súa ilusión buscar o porqué das cousas. A súa gran ledicia prodúcese cando fan un descubrimento que lles dá respostas ás preguntas que se fixeron e que ninguén fora quen de albiscar.”
Se queres ler o manifesto completo, pincha no seguinte enlace:  Manifiesto_mesdacienciagalegob14
Tamén se recopilan diversos materiais para traballar con este motivo: http://www.edu.xunta.es/biblioteca/ciencia/index.ph

Deixar un comentario

Arquivado en Actividades

V Xornadas das Bibliotecas escolares de Galicia

Os días 7 e 8 de novembro tiveron lugar no Palacio de Exposicións e Congresos de Santiago de Compostela as V Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia. A este evento asistiron más de mil profesores de Primaria e secundaria de toda axor nosa comunidade.

Foi un  programa moi completo, no que se reflexionou sobre o papel da biblioteca escolar no ámbito dos programas para a adquisición da competencia informacional (ALFIN) sería o de dispoñer os recursos de forma efectiva; orientar na súa utilización; deseñar xunto co resto do profesorado programas de formación na procura, selección e uso das fontes informativas e o traballo documental; apoiar propostas de proxectos interdisciplinares que favorezan o uso dos recursos informativos e a elaboración de traballos de investigación documental, e axudar ao profesorado a que desde as súas respectivas materias reforce estas aprendizaxes”, tal como se aconsella no Marco de referencia para las bibliotecas escolares. (Ministerio de Educación,2011).

Asistiron á este evento tres profesoras no noso centro, Mª Dolores López, Mª Jesús Ríos e Amparo Castro.

Deixar un comentario

Arquivado en Xornadas e Congresos

Entrega do V Premio Bento Spinoza de Ensaio a José Ovejero

Captura de pantalla 2014-11-07 09.08.16O mércores 5 de novembro tivo lugar ás 19.30no Salón de Actos do noso Instituto a entrega do Premio Bento Spinoza de Ensaio a José Ovejero polo seu libro La ética de la crueldad. O acto foi organizado polo profesor Francisco López Piñeiro e a el asistiron os membros do xurado, formado polos alumnos de varios institutos de Galicia, ademais dos alumnos e profesores do noso centro.

O autor salientou que consideraba este premio moi especial ” ya que nunca había oído que existiese alguno de estas características, otorgado por alumnos”, y porque “un escritor está acostumbrado más bien a ser juzgado por críticos literarios de los que se espera un determinado criterio”.

Ao seu xuízo este premio, “también desmiente toda esa serie de tópicos de que los jóvenes no leen o no se interesan por lo complejo. Toda esa serie de estupideces que una generación acostumbra a decir de la siguiente”. sintitulo1_675060_308x0_izda

Deixar un comentario

Arquivado en Actividades