ENTREVISTA A PETROS MÁRKARIS

 

índice
Intelixente. Próximo. Amigable.
“Para ser escritor necesítase amar a soidade e moita disciplina”
Cando entrei no Hostal dos Reis Católicos para entrevistar a Petros Márkaris, non imaxinaba nin que ía ser unha entrevista tan extensa nin que el ía ser tan próximo. Márkaris esforzouse para responder todas as miñas preguntas do mellor xeito posible e eu, nas dúas horas que pasei con el, aprendín moitísimo e non só acerca da escritura, senón da vida en xeral, da democracia, da crise… Foi unha experiencia sumamente enriquecedora.

OS PREMIOS SAN CLEMENTE: ALGO MOI ESPECIAL
Márkaris, que xa coñecía Santiago de Compostela grazas á música que se fixo acerca do Camiño, dixo que a gran diferenza entre os Premios San Clemente e outros dados por un xulgado ou críticos profesionais era que a xente nova non ten motivos ocultos para dar o premio, senón que son rapaces e rapazas expresando o seu gusto por un libro. Cando hai profesionais os premios convértense nun encontro de múltiples intereses, pero cos estudantes non pasa iso: é todo máis honesto. “Que estea dado por xente coma ti –dixo– é o que fai dos Premios San Clemente algo tan especial e iso foi o que fixo que viñera persoalmente a recollelo”.

AS CUALIDADES DUN ESCRITOR
Márkaris di que o traballo de escritor é solitario, así que os rapaces e rapazas que queiran ser escritores deben amar a soidade. Ademais diso, teñen que ser moi disciplinados, xa que os escritores non dependen dun xefe que os obrigue a traballar. Poden ir tomar o sol e ninguén lles dirá nada, polo que deben saber cando teñen que quedar na casa escribindo o seu próximo libro. E un tradutor? “Aos tradutores como eu –di Márkaris– débelles gustar moito os dicionarios. Eu paseille o meu amor por eles a Jaritos, así que el só le o Dimitrakos”.

POUCA PLANIFICACIÓN
Márkaris di que el nunca planifica con detalle as súas novelas, xa que quere ser capaz de corrixir, revisar e cambiar a trama se é necesario. O que fai el é ter unha imaxe inicial e seguir a partir de aí. Ademais me insiste en que é o Inspector Jaritos que conta a historia, e por tanto el, coma escritor, ten que preguntarse ao principio de cada capítulo que será o que faría o Inspector.
Explícanos que a situación de Katerina e Fanis é moi relevante para o desenvolvemento da novela, xa que explica as reaccións da xente nova en tempos difíciles e lle confire realismo. E para dotala de aínda máis realismo, Márkaris estalle continuamente prestando atención ao tráfico en Atenas, tal e como faría calquera que tivese como traballo andar en coche a maior parte do tempo. Tal e como faría o propio Inspector Jaritos.

QUE A XENTE ENTENDA POR QUE SUFRE
O chamado “Escritor da Crise” di que o seu traballo é facer entender á xente por que está a sufrir. E trata de explicarlles o que está pasando (aínda que, segundo el, emocionalmente resúltalle moi difícil). Petros recalca que desexaría que houbera máis persoas que escribisen sobre a crise, porque a xente necesita respostas.
Di que hai políticos moi descontentos con el por publicar esta triloxía, a cal empezou porque quería dicirlle a todo o mundo que estaban a chegar tempos moi difíciles e que ningún político ía avisar nin advertir que compría prepararse.
MANTER OS OLLOS ABERTOS E NON FIARSE
Á pregunta de que está realmente en crise, Markaris responde que o goberno centrouse moito máis nos mercados que na política e a cultura e moitísimo máis que na xente. E isto é o gran problema, porque –di el– “a crise só se pode solucionar a través da política e non da economía”.
Aínda que espera que España (cun 27% de paro) non chegue a estar como Grecia na súa obra “Liquidación Final”, recórdanos que non debemos esperar solucións fáciles porque –sinxelamente– non existen, e dinos que tampouco debemos confiar nos políticos que se enchen a boca dicindo que a crise rematará pronto, porque non é certo.
Preguntado por cal sería o seu principal consello, dinos que debemos estar sempre alerta e “Manter os ollos e a mente ben abertos”.
Volver ás pesetas, como en “Pan, Educación, Liberdade” di que non é posible, xa que provocaría unha situación aínda peor que a actual e, polo tanto, non sería ningunha solución. E recórdanos que tampouco debemos obcecarnos en buscar aos responsables da crise, aínda que deberiamos diferenciar claramente entre o que fixeron mal España -ou Grecia- e o que fixo mal Europa.
Aínda que nos poida parecer estraño, Márkaris está convencido de que a crise traerá, como mínimo, unha cousa boa (non hai mal que por ben non veña): serviranos á xente nova para darnos conta de que Mamá Europa non pode resolver sempre os problemas, de que os tempos difíciles existen e sobre todo de que a solución sempre pasa pola loita. Debemos loitar polos nosos dereitos e non quedarnos a velas vir.
LIQUIDACIÓN FINAL: ¿QUEN E O CULPABLE?
Nasiotis -o “Recaudador Nacional”-, é realmente culpable? Ata que punto non é tamén unha vítima? O Goberno grego enganouno. Antes tamén enganara a súa familia.
Segundo Márkaris, non hai inocentes ao 100%: o mundo non se divide tan só en branco ou negro.
Ante a pregunta de se deberiamos estar agradecidos no caso de ter en España a alguén como Nasiotis responde sen dubidalo que non deberiamos, e o xustifica dicindo que sería moi perigoso e podería poñer en perigo o tesouro tan importante que temos todos os españois: a nosa DEMOCRACIA. Recalca que debemos aceptar as decisións do goberno e non tomar a xustiza pola nosa man para nunca poñer en perigo precisamente a nosa democracia.

CONSELLO: SEMPRE VOTAR.
Como consello final, Márkaris dinos que, se queremos cambiar as cousas, debemos ir sempre a votar, xa que non facelo non é unha opción. Ben sexa votando polo partido que ideoloxicamente estea máis próximo a nós ou se non, por aquel que faría menos dano ao país. El, que viviu de primeira man unha ditadura, recórdanos que é obriga nosa manter vixente a democracia, e para iso é necesario votar.

Tan só podo dedicarlle palabras de agradecemento a Petros Márkaris por deixarme facerlle esta entrevista. Foi unha experiencia interesantísima e moi ilustradora. Grazas, Petros.
Laura Gil Besada
1ºB.I.

Deixar un comentario

Arquivado en Entrevistas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s