Viaxe cultural a Porto

Serralves 4Esta viaxe á cidade de Porto en autobús, do 4 ao 6 de abril, foi organizada polo Fiadeiro: club de lectura, creado coa intención de que os alumnos de bacharelato e 4º de ESO lean literatura galega así como portuguesa. E foi unha nova e enriquecedora experiencia para todos nós, tanto no ámbito cultural, posto que nos mergullamos de cheo nas tradicións e costumes portugueses, coma no lingüístico, xa que nos esforzamos por entender o idioma do país veciño en varias visitas guiadas.

Na nosa estadía na cidade portuguesa, visitamos os lugares máis emblemáticos como a Casa da Música, onde asistimos a unha visita guiada -en portugués- polas diferentes estancias que nos permitiron coñecer os materiais, efectos e formas de construción utilizadas para obter a acústica máis óptima. Tamén visitamos a Estação de São Bento que nos sorprendeu pola ampla cantidade de mosaicos de azulexo que cubrían as paredes. Non nos quedou sen ver a livraría Lello e Irmão, onde admiramos o ambiente máxico e cultural no que se inspirou J.K. Rowling para escribir Harry Potter.
Á Torre dos Clérigos non puidemos subir xa que aínda non tiñamos moito tempo e por riba había que pagar e subir 240 escaleiras!. Ata fixemos un percorrido en barco polo río Douro, o que nos permitiu coñecer a cidade e as súas marabillosas pontes así como situar os diferentes monumentos que atopamos nela. E tamén andamos polas rúas comerciais, visitamos aSerralves 3 Fundação Serralves, etc.
Aínda que non é un dos monumentos máis coñecidos da cidade, a estatua de Rosalía de Castro no parque da Galiza, incitounos a reflexionar sobre as numerosas semellanzas que existen entre a nosa terra e a lusa, así coma sobre o pasado compartido entre Portugal e Galicia.

A pesar das pésimas condicións meteorolóxicas, a cidade gustounos moito e pasámolo moi ben. As boas relacións entre todos nós e cos profesores fixeron a fin de semana no albergue memorable, onde xogamos ás cartas, á play-station e a outras moitas cousas. Incluso un día que chovía moito decidimos cociñar a cea no albergue, facendo traballo en equipo e axudándonos entre todos.
Sen lugar a dúbidas, repetiriamos esta inesquecible experiencia.

                                        Mateo, Sara, Irea e AliciaSerralves

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s