A tertulia de Bala Perdida tivo varios momentos:
1- Breve presentación da vida e obra do autor, Manuel Rivas, e do ilustrador, Miguelanxo Prado; puxémoslles cara a través de portadas do suplemento Culturas.
2- Miniescenificación dun fragmento do capítulo 14, que adaptamos para representar neste Día Internacional do Teatro. Unha ilustración do libro serviu de decorado.
3- Charla sobre as impresións e emocións que vivimos coa lectura da narración.
4- Miniescenificación do poema “Visita á florería” do capítulo 26, como peche da sesión.
Deixamos algunhas fotos, para que coñezades a fermosa biblioteca do noso centro, no seguinte enlace: Bala perdida