Arquivos diarios: Marzo 31, 2014

Hotel Memória de João Tordo

Este foi o libro en portugués que se nos propuxo como lectura desde o Fiadeiro literario Rosalía para o primeiro trimestre do curso 2013/2014.hotel-memoria

Trátase dunha novela do 2007, o seu autor naceu  en Lisboa no ano 1975, é Licenciouse en Filosofía e estudou Xornalismo e Escrita Creativa en Londres e Nova York.  As súas obras foron traducidas a varios idiomas, polas que foi nominado e gañador de diversos premios literarios, como o coñecido Premio Literario José Saramago.

João Tordo especializouse en ‘romances’ policiais, lembrando ao autor Paul Auster polos ambientes urbanos e temas  relativos ao submundo das grandes cidades. Esta cita de Auster figura figura na novela de Tordo “Afinal, a memória não é um acto de vontade. É uma coisa que acontece à revelia de nós próprios.”

Hotel Memória é unha novela ambientada na cidade de Nova York, onde un bolseiro europeo vive unha serie de inquietantes e perigosas aventuras;  despois da morte inesperada e violenta da súa compañeira, Kim, ten que deixar a bolsa de estudos  e chega a converterse en detective privado para investigar a desaparición dun fadista chamado David da Silva. Ao longo da investigación, o protagonista atópase por veces ao bordo da morte, pero finalmente consegue o seu propósito e desvela o segredo que esa desaparición escondía.Saramago_e_Tordo

Este libro remóntanos á idea de fraxilidade asociada aos emigrantes que se atopan nun país descoñecido, sen os apoios da familia e amigos de toda a vida, alí deben sobrevivir e buscar unha nova vida con novas amizades e relacións. Móstranos tamén unha atmosfera de marxinalidade asociada ao mundo do fado, acercando ao lector tanto á cultura portuguesa como á vida no país americano.

Durante a xuntanza do Fiadeiro literario, alumnos e mestres expuxemos qué foi o que nos gustou do libro e cales foron os puntos débiles que lle atopamos. Ao estar escrita en portugués podería pensarse que a súa lectura sería un chisco complicada, pero polo xeral non tivemos máis complicacións que algunhas palabras soltas.

Coincidimos todos na particularidade de que o protagonista non teña unha identidade definida, só nos conta o que lle vai sucedendo e sabemos unicamente que o seu nome é Ismael e que é un bolseiro europeo que estuda para ser escritor. Coincidimos tamén na pouca conexiónJoao Tordo que hai entre a primeira e as posteriores partes da historia, como o feito de chamar aos personaxes cada vez dunha maneira distinta, -ás veces polo nome e outras polo apelido- o que dificultou o seguimento do argumento nalgunhas ocasións.

En xeral o libro gustou a todos os lectores, a pesares das pequenas pegas consideramos que se trata dunha historia interesante, que recomendamos para unha lectura entretida.

Deixar un comentario

Arquivado en Actividades, Recensión

Actividades do Club de lectura de 1º de ESO. Bala perdida, de Manuel Rivas

A tertulia de Bala Perdida tivo varios momentos:

1- Brdescarga (16)eve presentación da vida e obra do autor, Manuel Rivas, e do ilustrador, Miguelanxo Prado;  puxémoslles cara a través de portadas do suplemento Culturas.

2- Miniescenificación dun fragmento do capítulo 14, que adaptamos para representar  neste Día Internacional do Teatro. Unha ilustración do libro serviu de decorado.

3- Charla sobre as impresións e emocións que vivimos coa lectura da narración.

4- Miniescenificación do poema “Visita á florería” do capítulo 26, como peche da sesión.

Deixamos  algunhas fotos, para que coñezades a fermosa biblioteca do noso centro, no seguinte enlace: Bala perdida

 

Deixar un comentario

Arquivado en Actividades, Noticias