O próximo 27 de xaneiro entregaránse no noso instituto os Premios San Clemente deste ano. Os gañadores foron elixidos
por alumnos do IES San Paio de Tui; do IES As Mercedes, de Lugo; do IES da Pobra e do noso centro. Petros Márkaris, coa súa novela Liquidación final, na modalidade de literatura en lingua estranxeira; Arturo Pérez Reverte, en lingua castelá, con El tango de la guardia vieja; e Pedro Feijoo en lingua galega, con Os fillos do mar, recollerán este ano o seu galardón.
Son xa moitas as edicións deste prestixioso premio, no que estiveron presentes grandes escritores nacionais e internacionais, que sempre agradeceron que foran alumnos de Secundaria os que os elixiran.
Noraboa aos novos gañadores!